Os rapaces e rapazas de 2º de ESO fixeron como proxecto final dos contidos sobre presentacións dixitais unha presentación co Google Drive para dar a coñecer e poñer en valor o traballo feito por moitas mulleres que non son moi coñecidas pola sociedade e que porén o seu traballo contribuí de forma importante ao desenvolvemento das TICs. A primeira parte do traballo consistiu en facer unha búsqueda avanzada de información na web aplicando o aprendido na clase de Tecnoloxía. Despois cadaquen fixo a súa propia presentación e prepararon unha exposición oral para a clase de Lingua Castelá. Así que aquí están! Temos o gusto de presentarvos as nosas protagonistAs de hoxe!!
Este blog mostra o resultado do traballo realizado polo alumnado do IES de Quiroga no Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" da Consellería de Educación.
Comentarios
Publicar un comentario