Saltar ao contido principal

FINALIDADE

IES DE QUIROGA | Rúa Pereiro, s/n, 27320-Quiroga | Tel: 982828274 | ies. quiroga@edu.xunta.gal                                                                      

Proxecta

 Durante o curso 2021/22 o IES de Quiroga participa no Proxecta Rapazas emprendedoras nas TICs.

O programa “Rapazas emprendedoras nas TIC” ten como obxectivo fomentar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no alumnado de primaria e secundaria, poñendo especial atención no rol das rapazas e mulleres tanto como referentes do sector como creadoras de contidos TIC. Deste xeito o obxectivo e que dende os centros de desenvolva un producto TIC, (vídeo, blog, páxina web, publicacións en RRSS, proxecto, maqueta, curtametraxe, etc), usando novedosas ferramentas TIC, orientadas a destacar a persoeiros importantes do ámbito científico-tecnolóxico, onde debe verse a importancia da representación feminina para a evolución do ámbito. Deste xeito, búscase a promoción do emprendemento entre as alumnas e alumnos de primaria e secundaria a través das tecnoloxía da información e da comunicación

Este blog é a mostra de todo o traballo realizado polas alumnas e alumnos do instituto de Quiroga.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentámosvos as protagonistAs das TIC!

 Os rapaces e rapazas de 2º de ESO fixeron como proxecto final dos contidos sobre presentacións dixitais unha presentación co Google Drive para dar a coñecer e poñer en valor o traballo feito por moitas mulleres que non son moi coñecidas pola sociedade e que porén o seu traballo contribuí de forma importante ao desenvolvemento das TICs. A primeira parte do traballo consistiu en facer unha búsqueda avanzada de información na web aplicando o aprendido na clase de Tecnoloxía. Despois cadaquen fixo a súa propia presentación e prepararon unha exposición oral para a clase de Lingua Castelá. Así que aquí están! Temos o gusto de presentarvos as nosas protagonistAs de hoxe!!                 

Creamos blogs sobre Mulleres ProtagonistAs das TIC

Como parte das actividades  do Plan Proxecta Mulleres emprendedoras nas TIC, estamos creando blogs na clase de Tecnoloxías da información e da Comunicación  sobre mulleres relacionadas coas TIC que deberan ser grandes protagonistas e que porén non se coñecen demasiado.

XOGOS INTERACTIVOS: Descubre a ProtagonistA!

 As rapazas e rapaces de 3º ESO elaboraron unha serie de xogos interactivos coa información atopada na súa investigación na biblioteca sobre mulleres que fixeron unha importante achega ó mundo da informática e das que en realidade non se coñece o seu traballo. A cantas coñeces ti? Ponte a proba! ProtagonistA 1 ProtagonistA 8 Protagonista 2 ProtagonistA 9 Protagonista 3 ProtagonistA 10 Protagonista 4 ProtagonistA 11 Protagonista 5 ProtagonistA 12 ProtagonistA 6 ProtagonistA 13 ProtagonistA 7 ProtagonistA 14