Saltar ao contido principal

VISUALIZA .8M MULLERES TRABALLADORAS NAS TICS

 O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil decidiron saír ás rúas de Nova York co lema "Pan e rosas" para protestar polas malas condicións laborais e reivindicar un recorte do horario e o fin do traballo infantil. Foi unha das primeiras manifestacións para loitar polos dereitos das mulleres. Este acto serviu para que as Nacións Unidas declararan en 1975 o 8 de marzo coma o Día Internacional da Muller. Son numerosos os actos que se celebran para conmemoralo. E como non no IES de Quiroga tamén o fixemos.

Propuxemos ao alumnado a gravación dun pequeno vídeos nos que falaran dunha muller, e esta vez ademáis fixeron en FRANCÉS!

Aquí tedes o enlace o blog de Biblioquiroga que foi a organizadora da actividade e onde están publicados os vídeos entre outras actividades organizadas para ese día:

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentámosvos as protagonistAs das TIC!

 Os rapaces e rapazas de 2º de ESO fixeron como proxecto final dos contidos sobre presentacións dixitais unha presentación co Google Drive para dar a coñecer e poñer en valor o traballo feito por moitas mulleres que non son moi coñecidas pola sociedade e que porén o seu traballo contribuí de forma importante ao desenvolvemento das TICs. A primeira parte do traballo consistiu en facer unha búsqueda avanzada de información na web aplicando o aprendido na clase de Tecnoloxía. Despois cadaquen fixo a súa propia presentación e prepararon unha exposición oral para a clase de Lingua Castelá. Así que aquí están! Temos o gusto de presentarvos as nosas protagonistAs de hoxe!!                 

Creamos blogs sobre Mulleres ProtagonistAs das TIC

Como parte das actividades  do Plan Proxecta Mulleres emprendedoras nas TIC, estamos creando blogs na clase de Tecnoloxías da información e da Comunicación  sobre mulleres relacionadas coas TIC que deberan ser grandes protagonistas e que porén non se coñecen demasiado.

XOGOS INTERACTIVOS: Descubre a ProtagonistA!

 As rapazas e rapaces de 3º ESO elaboraron unha serie de xogos interactivos coa información atopada na súa investigación na biblioteca sobre mulleres que fixeron unha importante achega ó mundo da informática e das que en realidade non se coñece o seu traballo. A cantas coñeces ti? Ponte a proba! ProtagonistA 1 ProtagonistA 8 Protagonista 2 ProtagonistA 9 Protagonista 3 ProtagonistA 10 Protagonista 4 ProtagonistA 11 Protagonista 5 ProtagonistA 12 ProtagonistA 6 ProtagonistA 13 ProtagonistA 7 ProtagonistA 14