Con motivo da Semana da Ciencia, o departamento de Tecnoloxía, dentro das actividades do Proxecta As rapazas nas Tics e en colaboración co Proxecta Donas de sí e Biblioquiroga, realizou co alumnado de 3ºESO unha investigación nos fondos da Biblioteca do centro sobre mulleres relevantes na historia polo seu traballo e a súa contribución ás TICs.
Con esta información crearon uns xogos interactivos coa aplicación web de Genial.ly que podedes ver neste blog : Xogos interactivos
Tamén prepararon unhas tarxetas con pistas das citadas mulleres para facer unha xincana co alumnado de 2º da ESO.
Comentarios
Publicar un comentario