Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2022

Presentámosvos as protagonistAs das TIC!

 Os rapaces e rapazas de 2º de ESO fixeron como proxecto final dos contidos sobre presentacións dixitais unha presentación co Google Drive para dar a coñecer e poñer en valor o traballo feito por moitas mulleres que non son moi coñecidas pola sociedade e que porén o seu traballo contribuí de forma importante ao desenvolvemento das TICs. A primeira parte do traballo consistiu en facer unha búsqueda avanzada de información na web aplicando o aprendido na clase de Tecnoloxía. Despois cadaquen fixo a súa propia presentación e prepararon unha exposición oral para a clase de Lingua Castelá. Así que aquí están! Temos o gusto de presentarvos as nosas protagonistAs de hoxe!!                 

Circuito de ProtagonistAs das TICs

  O día 10 de Novembro , pola Semana da Ciencia, as alumnas e alumnos de 2º de ESO participaron nunha actividade de divulgación do traballo das mulleres nas TICs, en colaboración coa a Biblioteca escolar. A acividade consistiu nunha xincana na que tiñan que ir descubrindo as 15 mulleres protagonistAs. Nunha fase previa o alumnado de 3º de ESO fixo unha actividade de investigación escollendo unha muller cuxo traballo considerou relevante para a historia no desenvolvemento das TICS. En grupos mixtos de 3 persoas o alumnado tivo que percorrer o circuito preparado buscando as pistas de cada muller para poder facer despois unha pesquisa en internet a través dos seus móbiles, empregando as técnicas de búsqueda aprendidas na aula. Para poder orientarse cada grupo contaba cun plano do centro que tiña que interpretar para poder chegar a cada punto coas pistas e tamén había que correr!!   A finalidade era que cada grupo descubrise o maior número de mulleres protagonistAs. O traballo tiv...